Jan 14

KDE é unha interface gráfica de escritorio moi popular nos sistemas operativos Linux, o mesmo que Gnome. O día 11 de xaneiro lanzóuse a última versión do escritorio, a versión catro. Tiven ocasión de probala nestes días, ainda que coincido cos comentarios da maioría da xente que leo en Internet: a versión 4.0 é un borrador do que tiña que ser a nova versión. Quedan moitas cousas pendentes de facer, e tamén a persoalización do escritorio é moi pobre se a comparamos coa versión 3.

Coma exemplo, non puiden instala-lo escritorio en galego ou castelán, coma fixen co escritorio actual de KDE 3 (os idiomas non están dispoñibles, ainda que ten opción de localización). Tampouco vin a maneira de persoaliza-lo panel inferior e adapta-lo escritorio o estilo de Mac OS coma teño feito no meu escritorio KDE actual.

Ainda así, ten boa pinta e seguro que nos próximos meses, cando den rematado o traballo, será un escritorio moi bo. Polo de agora non aconsello pasar da versión 3 á versión 4. A lo menos deberíase esperar a que saia a revisión 4.1. Xa veremos.

written by bebé \\ tags: , ,