Jan 19
Por indicacións dun amigo, decidín instalar un módulo de Wordpress para censura-los comentarios non desexados (spam) e desactiva-lo requerimento do rexistro para poder comenta-los artigos. O módulo é o plugin de Wordpress Spam Karma 2.3, que supoño que o meu amigo xa teñe probado ben. A ver que tal vai. Cando vexa algún comentario máis (se cae), verei se funciona ben.
O primeiro inconvinte que notei sen sequera empregalo é o feito de que non está traducido ó galego. Non sei se face-lo esforzo de traducilo, xa verei se nalgún momento que teña de tempo morto anímome a facelo. Polo de agora, e aínda que hai tradución ó castelán, o “plugin” aparece no inglés de sempre, xa que o meu blog está posto en galego e non teño tradución.
Recent Comments