Mentres comezo a acostumarme ó uso deste sistema de bitácoras, fixen un pequeno cambio na instalación musical da miña casa.
Eu xa sabía hai tempo que era posible gracias a novos protocolos de comunicacións ter gardados un fato de cancións nunha computadora caseira e distribuila a outros dispositivos (xeralmente outras computadoras) co fin de escoitalas en calquera punto da casa. Isto vese mellorado polas recentes redes sen fios (wireless) que xa están á orde do día en moitos fogares.
Pois ben, tendo unha computadora a modo de servidor de música (e polo tanto moito tempo encendido) é posible disfrutar en calqueira momento e en calqueira lugar (dentro da casa ou preto dela) da nosa música preferida. Para iso hay que facer uso de dúas cousas:
- Software capaz de envia-la música pola rede.
- Software capaz de recibir e reproduci-la música o noso carón.
- Protocolo de comunicacións que empregan ambas aplicacións.
Ese protocolo hai tempo que existe, é o chamado DAAP. O DAAP é un protocolo matinado pola coñecida compañía de computadoras americana Apple, sendo unha peza importante do seu software multimedia baseado no moi coñecido Ipod e Itunes. Ainda que é un protocolo propietario, a comunidade de software aberto conseguíu mediante técnicas de enxeñería inversa coñecer o seu funcionamento. Isto fai que agora mesmo exista unha implementación libre e de código aberto chamado mt-daap (Multithreaded DAAP).
Esta implementación ainda está algo verde pero xa funciona ben en plataformas coma Linux/UNIX/Posix y Windows (beta). Están tamén preparando una versión para Mac OS X (ainda que o Mac OS X xa ten iTunes de serie) e ten unha serie de prestacións que o fan moi interesante.
Se queres poñelo en práctica, na páxina web do proxecto mt-daap está dispoñible o software para a descarga, coma tamén documentación, foros e un wiki que pode ser de axuda. En BULMA hai tempo que puxeron algún artigo acerca disto.
Dicir que hai cada vez máis dispositivos que poden entenderse empregando este protocolo.
Para poñer en funcionamento este sistema hay que instala-lo software no servidor, configuralo adecuadamente (soamente fai falla dicirlle onde debe busca-la música) e poñelo a andar. Ten unhas cantas opcións de configuración, pero a maioría non se ten que tocar. Tamén dispón dun servidor web de administración que é bastante sinxelo de manexar. Levoume dez minutos facelo.
Pola outra banda, está o software reproductor da música, que debe entenderse co servidor empregando o protocolo. Xa hay bastantes aplicacións multimedia que son capaces de facelo. A primeira e Itunes, e está dispoñible gratuitamente para Mac e Windows dende a web de Apple. O resto son, coma exemplos máis pretos a mín: Banshee, Amarok e rhythmbox. O meu preferido e Amarok, o reproductor multimedia mellor conseguido que vin na miña vida. Supera a iTunes en moitas facetas, e non ten nada que envidiarlle. A pega e que polo momento soamente está dispoñible no entorno KDE, para estacións de traballo e computadoras caseiras baseadas en Linux (non sei se tamén para outros sistemas *nix). Outro tanto pasa con banshee e rhythmbox, pensadas para GNOME.
Con todo isto, agora disfruto dunha extensa biblioteca de música sen que me ocupe ningún kb no meu portátil :). A música está perfectamente organizada e catalogada e cargase pola red a demanda. O rendemento é estupendo, ningún corte nin salto (rede wifi caseira de 54mbps).
E polo de agora nada máis, xa irei contando.
written by bebé
Recent Comments