Jan 19
Por indicacións dun amigo, decidín instalar un módulo de Wordpress para censura-los comentarios non desexados (spam) e desactiva-lo requerimento do rexistro para poder comenta-los artigos. O módulo é o plugin de Wordpress Spam Karma 2.3, que supoño que o meu amigo xa teñe probado ben. A ver que tal vai. Cando vexa algún comentario máis (se cae), verei se funciona ben.
O primeiro inconvinte que notei sen sequera empregalo é o feito de que non está traducido ó galego. Non sei se face-lo esforzo de traducilo, xa verei se nalgún momento que teña de tempo morto anímome a facelo. Polo de agora, e aínda que hai tradución ó castelán, o “plugin” aparece no inglés de sempre, xa que o meu blog está posto en galego e non teño tradución.
written by bebé
\\ tags: blog, karma, plugin, spam, wordpress
Jan 14
KDE é unha interface gráfica de escritorio moi popular nos sistemas operativos Linux, o mesmo que Gnome. O día 11 de xaneiro lanzóuse a última versión do escritorio, a versión catro. Tiven ocasión de probala nestes días, ainda que coincido cos comentarios da maioría da xente que leo en Internet: a versión 4.0 é un borrador do que tiña que ser a nova versión. Quedan moitas cousas pendentes de facer, e tamén a persoalización do escritorio é moi pobre se a comparamos coa versión 3.
Coma exemplo, non puiden instala-lo escritorio en galego ou castelán, coma fixen co escritorio actual de KDE 3 (os idiomas non están dispoñibles, ainda que ten opción de localización). Tampouco vin a maneira de persoaliza-lo panel inferior e adapta-lo escritorio o estilo de Mac OS coma teño feito no meu escritorio KDE actual.
Ainda así, ten boa pinta e seguro que nos próximos meses, cando den rematado o traballo, será un escritorio moi bo. Polo de agora non aconsello pasar da versión 3 á versión 4. A lo menos deberíase esperar a que saia a revisión 4.1. Xa veremos.
written by bebé
\\ tags: escritorio, kde, Linux
Jan 10
Acabo de ver unha referencia a un artigo de menéame, que fai referencia a unha nova teoría de cambio climático baseada nos ciclos solares. A curiosidade e que contradí completamente a actual teoría do quentemento global do planeta, e baséase en investigacións e medicións feitas pola NASA sobre o noso sol. Según eles, en 20 ou 30 anos pode comezar unha nova era glaciar, baixando drásticamente a temperatura da superficie do planeta.
Hai que ver, non se pode estar convencido de nada, sempre hai dous pontos de vista diferentes sobre a mesma cousa. O tempo dirá quen leva razón. Mentras tanto soamente podemos especular e, se hai sorte, atopar unha teoría que poidamos demostrar antes de que ocorra.
O artigo orixinal pódese ollar en:
http://www.expansion.com/edicion/exp/economia_y_politica/entorno/es/desarrollo/1076229.html
written by bebé
Jan 08
A veces da asco ser español, y vivir en un país de imbéciles (entre los cuales me incluyo). Acabo de ver un análisis muy interesante sobre la situación laboral actual y la futura, y de verdad que da pena el futuro que nos espera. La culpa es de los de siempre, y no parece que vayan a hacer nada por cambiar esta situación. Eso si, hay que agradecer por ejemplo el esfuerzo hecho por nuestra cultura (tanto por las “grandiosas” ciudades de la cultura como por la protección visceral de nuestra cultura, a costa de los bolsillos de todos y para beneficios de unos pocos). Si se invirtiera más en educación, sanidad e I+D a lo mejor este país sería realmente europeo, y no un país de pandereta como hasta ahora. Snif :(. Cosas como esta hacen que me entren ganas de pirarme una temporada.
http://www.mileurismo.com/2008/01/07/¿quien-nos-ha-vendido-el-por-que-de-etts-y-subcontratas/
written by bebé
Recent Comments