Diccionario de termos de informática da Universidade de Vigo GNU/Solaris
May 19

Nexenta Logo

Logo de Nexenta OS

Hai uns días que vin nunha noticia de menéame un anuncio dun novo sistema operativo que está a sair cedo. Trátase dunha versión da coñecida distro Ubuntu, pero baseada nun núcleo OpenSolaris. ¿E qué e isto, dirás ti? ¿de que me fala este home? Tratarei de explicalo agora:Todos coñecemos (ou nos soa) que o nomeado como sistema operativo Linux ten moitos nomes diferentes, véxase Ubuntu, Mandriva, Red Hat, Debian, Gentoo, etc. Cada un destes nomes ten un aspecto diferente, unha diferente maneira de xunta-las aplicacións, configura-lo escritorio, etc. O que teñen en común estas “distros” (que así e coma se chaman no argot) son dúas cousas:

  1. Baséanse nun núcleo do sistema operativo dalgunha versión do núcleo Linux.
  2. Empregan para o resto do sistema (escritorio, aplicacións, etc.) programas do chamado proxecto GNU.

O sistema operativo do que falo non é un Linux típico, de feito non ten nada que ver co Linux, senon un derivado do famoso Solaris (moi coñecido polos profesionais da Informática por ser un dos mellores sistemas operativos para estación de traballo dos últimos anos). Este sistema operativo, desenvolvido por Sun Microsystems dende hai bastantes anos, hai pouco que liberou o seu código fonte. Sun puxo o seu código a disposición da comunidade de software libre coma xa fixo tamén co código fonte da súa ben coñecida máquina virtual JAVA.Pois ben, agora hai xente tratando de formar co núcleo aberto de Solaris novos sistemas operativos de escritorio para o usuario final, dunha maneira semellante o que está sendo a evolución dos sistemas GNU/Linux actuais. De feito, Nexenta OS xunta o sistema GNU co núcleo OpenSolaris dunha maneira semellante a como o fai Ubuntu, non distinguíndose na práctica se se trata dun escritorio Ubuntu GNU/Linux ou un escritorio GNU/OpenSolaris.En resumo, está a punto de xurdir un novo Ubuntu baseado en Solaris que pode facer compentencia o propio Linux, xa que Solaris sempre tivo unha grande reputación e trátase dun sistema operativo moi probado, estábel e fiábel.Sen embargo, tiven dous problemiñas na súa instalación: despóis dunha moi sinxela instalación a partir do CD, na que soamente tiven que indicarlle algúns dados básicos coma o idioma do teclado, a data e hora, o nome da computadora e os dados básicos do usuario de administración e un usuario non administrador, xunto co disco onde instalalo (o normal), atópome coa sorpresa de que a instalación por defecto non ten soporte para o cifrado seguro baseado en WPA para conexións sen fíos. Isto fai que non poida conectalo a rede da miña casa directamente sen fios, senon que teña que empregar un cable ethernet para conseguir unha conexión a Internet. Ademáis, non recoñeceu ben o monitor, facendo que a resolución da pantalla quedase en 640×480 a 60Hz. Dous pequenos inconvintes que espero se solucionen para a primeira versión do sistema. Agora mesmo o sistema está en desenvolvimento, e as versións que están lanzando son versións de desenvolvimento (alpha).Atópome cunha curiosa sorpresa na instalación: o proceso de instalación ten un xogo tetris para pasar un pouco entretido os minutos que tarda en instala-lo sistema. Un tetris bastante difícil, por certo.Seguirei probando este novo sistema durante uns dias e apontarei as conclusións neste blog.

written by bebé

Comments are closed.