Despóis do intento frustrado de ter o Nexenta OS funcionando no meu clónico de sobremesa, decidinme a facer un intento co MAC OS X. Teño un DVD da versión Intel do MAC OS X Tiger 10.4.4, que puxen a traballar na instalación.
Despóis de moito esperar, conseguín por fin telo funcionando ¡non mo podo crer! O laureado MAC OS X nun clónico de menos de 400€ :D.
Ainda que a instalación foi exitosa e sen ningún problema (sen embargo mooooi lenta), teño un problema co son, non recoñeceu o hardware de son do equipo, así que terei que esperar a actualiza-lo sistema ou ben busca-los controladores en Internet. Ainda así, o sistema púxose a funcionar case sen esforzo, soamente tiven que darlle o nome da miña rede wifi caseira e a contrasinal para que él mesmo configurase a rede sen facer nada mais ¡iso si que é poñe-las cousas doadas ;)!
Teño que recoñecer que Apple currouse o sistema, é bastante suave, doado de usar e o máis bonito que vera xamáis. De feito, escribo estas liñas dende o navegador Safari, moi semellante o Konqueror ou o Firefox no seu aspecto.
Seguirei contando a miña experiencia MAC. Aproveitaréi estes dias para acostumarme, xa que espero poder disfrutar axiña dun novo MacBook Pro.
Logo de Nexenta OS
Hai uns días que vin nunha noticia de menéame un anuncio dun novo sistema operativo que está a sair cedo. Trátase dunha versión da coñecida distro Ubuntu, pero baseada nun núcleo OpenSolaris. ¿E qué e isto, dirás ti? ¿de que me fala este home? Tratarei de explicalo agora:Todos coñecemos (ou nos soa) que o nomeado como sistema operativo Linux ten moitos nomes diferentes, véxase Ubuntu, Mandriva, Red Hat, Debian, Gentoo, etc. Cada un destes nomes ten un aspecto diferente, unha diferente maneira de xunta-las aplicacións, configura-lo escritorio, etc. O que teñen en común estas “distros” (que así e coma se chaman no argot) son dúas cousas:
- Baséanse nun núcleo do sistema operativo dalgunha versión do núcleo Linux.
- Empregan para o resto do sistema (escritorio, aplicacións, etc.) programas do chamado proxecto GNU.
O sistema operativo do que falo non é un Linux típico, de feito non ten nada que ver co Linux, senon un derivado do famoso Solaris (moi coñecido polos profesionais da Informática por ser un dos mellores sistemas operativos para estación de traballo dos últimos anos). Este sistema operativo, desenvolvido por Sun Microsystems dende hai bastantes anos, hai pouco que liberou o seu código fonte. Sun puxo o seu código a disposición da comunidade de software libre coma xa fixo tamén co código fonte da súa ben coñecida máquina virtual JAVA.Pois ben, agora hai xente tratando de formar co núcleo aberto de Solaris novos sistemas operativos de escritorio para o usuario final, dunha maneira semellante o que está sendo a evolución dos sistemas GNU/Linux actuais. De feito, Nexenta OS xunta o sistema GNU co núcleo OpenSolaris dunha maneira semellante a como o fai Ubuntu, non distinguíndose na práctica se se trata dun escritorio Ubuntu GNU/Linux ou un escritorio GNU/OpenSolaris.En resumo, está a punto de xurdir un novo Ubuntu baseado en Solaris que pode facer compentencia o propio Linux, xa que Solaris sempre tivo unha grande reputación e trátase dun sistema operativo moi probado, estábel e fiábel.Sen embargo, tiven dous problemiñas na súa instalación: despóis dunha moi sinxela instalación a partir do CD, na que soamente tiven que indicarlle algúns dados básicos coma o idioma do teclado, a data e hora, o nome da computadora e os dados básicos do usuario de administración e un usuario non administrador, xunto co disco onde instalalo (o normal), atópome coa sorpresa de que a instalación por defecto non ten soporte para o cifrado seguro baseado en WPA para conexións sen fíos. Isto fai que non poida conectalo a rede da miña casa directamente sen fios, senon que teña que empregar un cable ethernet para conseguir unha conexión a Internet. Ademáis, non recoñeceu ben o monitor, facendo que a resolución da pantalla quedase en 640×480 a 60Hz. Dous pequenos inconvintes que espero se solucionen para a primeira versión do sistema. Agora mesmo o sistema está en desenvolvimento, e as versións que están lanzando son versións de desenvolvimento (alpha).Atópome cunha curiosa sorpresa na instalación: o proceso de instalación ten un xogo tetris para pasar un pouco entretido os minutos que tarda en instala-lo sistema. Un tetris bastante difícil, por certo.Seguirei probando este novo sistema durante uns dias e apontarei as conclusións neste blog.
Mentres comezo a acostumarme ó uso deste sistema de bitácoras, fixen un pequeno cambio na instalación musical da miña casa.
Eu xa sabía hai tempo que era posible gracias a novos protocolos de comunicacións ter gardados un fato de cancións nunha computadora caseira e distribuila a outros dispositivos (xeralmente outras computadoras) co fin de escoitalas en calquera punto da casa. Isto vese mellorado polas recentes redes sen fios (wireless) que xa están á orde do día en moitos fogares.
Pois ben, tendo unha computadora a modo de servidor de música (e polo tanto moito tempo encendido) é posible disfrutar en calqueira momento e en calqueira lugar (dentro da casa ou preto dela) da nosa música preferida. Para iso hay que facer uso de dúas cousas:
- Software capaz de envia-la música pola rede.
- Software capaz de recibir e reproduci-la música o noso carón.
- Protocolo de comunicacións que empregan ambas aplicacións.
Ese protocolo hai tempo que existe, é o chamado DAAP. O DAAP é un protocolo matinado pola coñecida compañía de computadoras americana Apple, sendo unha peza importante do seu software multimedia baseado no moi coñecido Ipod e Itunes. Ainda que é un protocolo propietario, a comunidade de software aberto conseguíu mediante técnicas de enxeñería inversa coñecer o seu funcionamento. Isto fai que agora mesmo exista unha implementación libre e de código aberto chamado mt-daap (Multithreaded DAAP).
Esta implementación ainda está algo verde pero xa funciona ben en plataformas coma Linux/UNIX/Posix y Windows (beta). Están tamén preparando una versión para Mac OS X (ainda que o Mac OS X xa ten iTunes de serie) e ten unha serie de prestacións que o fan moi interesante.
Se queres poñelo en práctica, na páxina web do proxecto mt-daap está dispoñible o software para a descarga, coma tamén documentación, foros e un wiki que pode ser de axuda. En BULMA hai tempo que puxeron algún artigo acerca disto.
Dicir que hai cada vez máis dispositivos que poden entenderse empregando este protocolo.
Para poñer en funcionamento este sistema hay que instala-lo software no servidor, configuralo adecuadamente (soamente fai falla dicirlle onde debe busca-la música) e poñelo a andar. Ten unhas cantas opcións de configuración, pero a maioría non se ten que tocar. Tamén dispón dun servidor web de administración que é bastante sinxelo de manexar. Levoume dez minutos facelo.
Pola outra banda, está o software reproductor da música, que debe entenderse co servidor empregando o protocolo. Xa hay bastantes aplicacións multimedia que son capaces de facelo. A primeira e Itunes, e está dispoñible gratuitamente para Mac e Windows dende a web de Apple. O resto son, coma exemplos máis pretos a mín: Banshee, Amarok e rhythmbox. O meu preferido e Amarok, o reproductor multimedia mellor conseguido que vin na miña vida. Supera a iTunes en moitas facetas, e non ten nada que envidiarlle. A pega e que polo momento soamente está dispoñible no entorno KDE, para estacións de traballo e computadoras caseiras baseadas en Linux (non sei se tamén para outros sistemas *nix). Outro tanto pasa con banshee e rhythmbox, pensadas para GNOME.
Con todo isto, agora disfruto dunha extensa biblioteca de música sen que me ocupe ningún kb no meu portátil :). A música está perfectamente organizada e catalogada e cargase pola red a demanda. O rendemento é estupendo, ningún corte nin salto (rede wifi caseira de 54mbps).
E polo de agora nada máis, xa irei contando.
Esta bitácora é una web persoal que nace co obxectivo dobre de ser un ximnasio de fortalecemento da miña esquecida lingua galega e tamén un lugar onde deixar o pouco coñecemento que sobre as novas tecnoloxías vaime chegando dia a dia.
Invito a tódolos galego falantes (e os que non tamén, ainda que non será doado) que poñan o seu grao de area corrixindo os erros que a seguro han caer, e outros pontos de vista que seguro terán sobre o que aquí se fale.
Sobre min non teño nada que dicir, deixarei que as pegadas marcadas nesta bitácora falen por si mesmas.
P.D.: Ainda que a lingua preferida desta bitácora é o galego, non quero deixar o marxe a lingua castelá e o omnipresente Inglés. Quen sabe, de todo hai que falar nesta vida…

Recent Comments